Poio permitirá a realización de grelladas na noite de San Xoán aos hostaleiros
Por Redacción
A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Poio permitirá aos profesionais do sector da hostalería a realización de grelladas en zonas privadas e particulares, quedando prohibidas, iso si, en espazos públicos. Os establecementos interesados en levar a cabo esta actividade disporán dun prazo que se abre este xoves e permanecerá operativo ata o vindeiro luns, 22 de xuño.
O Concello de Poio recomenda que a tramitación se faga vía telemática, toda vez que a documentación estará dispoñible na Sede Electrónica. No seu defecto, tamén se poderá facer de xeito presencial no Rexistro Xeral.
As grelladas deberán levarse a cabo cumprindo en todo momento coas normas e recomendacións que determinan as autoridades sanitarias, en relación coa Covid-19 e en materia de aforo e distanciamento social.
Ademais, tamén existen outras normas de obrigado cumprimento, como é, ademais da prohibición do emprazamento do asador en zonas públicas, que exista unha separación mínima de catro metros entre as grelladas provisionais e calquera edificación, árbore, etc.
Os solicitantes tamén se comprometen a que o mércores 24 de xuño, antes das 10.00 horas, o espazo asignado terá que estar totalmente despexado, limpo e desinfectado, de xeito que quede nas mesmas condicións nas que se atopaba antes do evento.
"Cómpre establecer uns requisitos de seguridade que se adapten ás circunstancias actuais, á vez que ofrecemos á hostalería a opción de desenvolver unha iniciativa que lles axude a dinamizar a súa actividade", explica a concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas.
Relacionadas:
-
A Policía Local de Poio controlará o aforo e consumo de alcol e drogas nas cacharelas de San Xoán
Por Redacción |
-
As Festas de San Xoán estenderanse por toda a parroquia
Por Oskar Viéitez |
-
Poio abrirá o mércores o prazo de solicitudes para a realización de cacharelas privadas
Por Redacción |
-
Os artistas locais serán os protagonistas das festas de San Xoán de Poio
Por Redacción |