Doce locais participarán no Caldelas Tapas 2020
Por Redacción
Ponte Caldelas acende de novo os fogóns para unha nova edición do Caldelas Tapas, o evento gastronómico que encherá de sabor todos os venres dos meses de xullo e agosto nos doce os locais participantes nesta edición.
Os establecementos que se suman a Caldelas Tapas 2020 son Acuña, Alameda, Atelier del Delirio, Bora Río, Jamarte, Klimbin, La Terracita, LaTribu, Tapería Victoria, Mesón Parada, El Chavo Casa de Comidas e Verdugolandia.
O xurado profesional estará composto polo cociñeiro con estrela Michelín Pepe Vieira, a reposteira local responsable de "Pica e Peca", Conchi Amoedo; e a ex propietaria do Bar Alameda, Ángeles Míguez "Lita". O fallo do xurado coñecerase a finais do mes de agosto, unha vez rematada a presente edición, en presenza de todos os participantes.
O prezo das tapas será de 1,50 euros e a bebida pagarase á parte. Con este tipo de actividades, o Concello de Ponte Caldelas busca dinamizar os establecementos e atraer novos visitantes.