O Concello do Grove presume de apremar os pagamentos a provedores cunha media de 17 días
Por Redacción
En abril de 2018 establecíase unha normativa na que se marcaba un período máximo de pago de facturas desde as administracións de 30 días reais desde que queda constancia no rexistro. Este martes, o Concello do Grove sinala que durante o primeiro trimestre de 2020 o período de pago desta administración local aos provedores de servizos estableceuse nunha media de 17 días.
Na provincia de Pontevedra, unha vez que se publicaron todos os datos, 22 dos 63 municipios tardaron en executar os pagos máis de 30 días. Nalgúns casos a cifra chega aos 445 días de atraso.
Segundo o goberno local, no Grove durante ese primeiro trimestre pagáronse 1.455.245 euros cunha media de demora no pagamento de 17,82 días desde a presentación do albará fronte á media establecida en Galicia de 35 días para efectuar o pago.
Desde o Concello lembran que o dato é especialmente positivo ao tratarse dun período no que comezaba a incidencia da pandemia provocada pola Covid-19 e os servizos administrativos municipais desenvolveron o seu traballo de maneira virtual. Desde o goberno do alcalde José Antonio Cacabelos agradece ao persoal o esforzo para establecer ese bo ritmo nas tramitacións.
A realización destes pagos permite ás administracións que se poida investir o superávit. Pola contra, o incumprimento obriga a que os Concellos estean sometidos a un plan de axuste cun bloqueo dos fondos estatais e a posibilidade de acceder a axudas.