Barro destinará 20.000 euros máis para combater os efectos da COVID-19
Por Redacción
Os 20.000 euros que Barro tiña reservados para a Festa do Viño serán destinados finalmente a reforzar as medidas do Concello para combater os efectos da COVID-19 no municipio.
Así o acordou o pleno da corporación que, na súa sesión deste luns, aprobou esta modificación de crédito, segundo traslada o goberno municipal.
Esa partida será utilizada agora para aumentar en 12.000 euros as axudas de emerxencia e 8.000 euros para a compra de materiais de protección contra o coronavirus.
A estes cartos, o Concello sumará os 16.685 euros que o Plan Concellos da Deputación tiña consignados para esta mesma festa e que serán reinvestidos en actuacións e materiais de protección contra a pandemia.
Durante o pleno, o PP criticou que o goberno municipal non explicase as bases que regularán a concesión destas axudas e consideran que estas subvencións son "insuficientes" para cubrir as necesidades dos veciños afectados pola pandemia.
Os restantes 25.000 euros da modificación de crédito aprobada polo pleno serán para mellorar a depuradora de Piñeiro co obxectivo de ampliar a súa capacidade de funcionamento.
Relacionadas:
-
Barro suspende a Festa do Viño e opta por actividades culturais polas parroquias
Por Redacción |
-
A antiga escola de Cangrallo terá unha nova cuberta
Por Redacción |
-
Barro informa ao sector da hostalería e do comercio local das liñas de apoio
Por Redacción |
-
Barro fai oficial a suspensión da Festa do Viño pola pandemia do coronavirus
Por Manu Otero |