Aínda quedan prazas libres para Campaverán, Raxó-Verán e o Espazo Concilia
Por Redacción
O Concello de Poio lembra que aínda quedan prazas libres para Campaverán, Raxó-Verán e o Espazo Concilia, destinados a nenos de idades comprendidas entre os tres e os doce anos.
Os dous primeiros están organizados pola Concellería de Educación, mentres que o último é xestionado polo departamento de Igualdade.
Coa organización destas iniciativas, o Goberno local mantén a súa aposta á hora de facilitar ás familias de Poio fórmulas para poder conciliar a súa vida laboral durante os meses de verán.
O prazo de inscrición para todas as ludotecas permanecerá aberto ata o xoves 18 de xuño.
As ludotecas, que se ofrecerán exclusivamente a familias de Poio, cumprirán de xeito estricto con todas as medidas hixiénicas, de distanciamento e sanitarias que marcan as autoridades competentes, limitándose o número de prazas e apostando por espazos que axuden a garantir estes requisitos.
As persoas interesadas en solicitar praza poderán realizar as tramitacións de xeito presencial no Rexistro Xeral do Concello de Poio, ou ben por vía telemática.
Con respecto ao proceso de inscrición, á hora de adxudicarse as prazas teranse en conta baremos no que primará a situación laboral e sociofamiliar dos solicitantes. Así, obterán máis puntuación aquelas familias nas que os dous proxenitores traballen ou as monoparentais.
Relacionadas:
-
O Espazo Concilia de Poio inicia a súa actividade estival
Por Redacción |
-
Póñense en marcha as ludotecas de verán do concello de Poio
Por Redacción |
-
As ludotecas de Poio adáptanse ás medidas anti covid-19
Por Redacción |
-
Poio estuda as posibilidades de levar a cabo as ludotecas de verán
Por Redacción |