Os menores de 21 anos da área de Pontevedra xa viaxan de balde no transporte público
Por Redacción
Ata 6.500 menores de trece concellos da área de Pontevedra poderán beneficiarse da tarxeta Xente Nova, que este luns entrou en vigor para que os viaxes no transporte urbano que xestiona a Xunta de Galicia poidan realizarse de balde.
Así o destacou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que ante a posta en marcha deste dispositivo achegouse ata a estación de autobuses de Sanxenxo.
Este é un dos trece concellos da área de Pontevedra nos que se activou o funcionamento da tarxeta Xente Nova, que ademais cubrirá a Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas, Marín, Vilaboa, Soutomaior, Bueu, Barro, Moraña, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e A Lama.
Os menores de 21 anos que se fagan con esa tarxeta tamén poderán viaxar gratis no transporte da Xunta nas áreas de Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo e Vigo, nos que este iniciativa xa está implantada desde 2016.
As tarxetas comezaron a emitirse o pasado mércores 10 de xuño e nos primeiros días xa se distribuíron 240 dispositivos, segundo adiantou Ethel Vázquez.
A tarxeta Xente Nova pode solicitarse, con cita previa, en calquera das 25 oficinas habilitadas de Abanca nos trece concellos da área de Pontevedra, tendo en conta que os menores de 21 anos deben ir acompañados dun dos seus proxenitores.
O dispositivo funciona como unha tarxeta moedeiro e non precisa ter unha conta asociada. Debe ter un saldo inicial para empezar a viaxar e, posteriormente, irá reembolsándose cada 15 días o importe das viaxes realizadas, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.
Ademais, para facilitar unha mobilidade segura e un pago sen contactos, desde este luns os maiores de 21 anos tamén poderán solicitar e utilizar a tarxeta de Transporte Metropolitano de Galicia nos autobuses da Xunta.
Neste caso, estímase que poderán beneficiarse desta tarxeta unhas 42.000 persoas na área de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Queixas en Barro polo mal funcionamento do transporte público: "Non cumpren os horarios e causa graves prexuízos aos usuarios"
Por Redacción |
-
Preto de cen liñas de transporte interurbano entrarán en funcionamento o 23 de decembro en Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
Sanxenxo reparte 256 tarxetas Xente Nova e é o cuarto concello con máis usuarios de Galicia
Por Redacción |
-
Pontevedra-Marín e Pontevedra-Sanxenxo, as viaxes en autobús máis demandadas polos menores coa tarxeta ‘Xente Nova’
Por Redacción |
-
O Grove ve "inexplicable" que a Xunta os exclúa do plan de transporte de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A tarxeta Xente Nova comezará a emitirse este mércores nos concellos da área de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Ethel Vázquez aborda co sector do transporte a inmediata posta en marcha da Tarxeta Xente Nova
Por Oskar Viéitez |