Marín lanzará no verán Stock Marín, a súa propia feira de oportunidades
Por Redacción
A Alameda de Marín acollerá entre o 31 de xullo e o 2 de agosto a primeira edición de Stock Marín, unha feira de oportunidades que impulsan o Concello e a asociación de comerciantes Estrela de Marín para dinamizar o comercio no municipio.
Así, durante estes tres días, en horario de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 23.00 horas, se instalarán na Alameda unhas haimas en distribución zig zag, de tal xeito que se poida respectar e garantir en todo momento a distancia física entre os postos.
Todas as haimas contarán cun cadro eléctrico e con focos LED. Haberá dous tamaños diferentes de haimas, ou ben de 3x3 ou de 5x5 metros e serán individuais.
Os comerciantes que teñan o seu negocio en Marín terán prioridade sobre os doutros concellos á hora de solicitar a súa participación.
De cara a sufragar os gastos de publicidade e de promoción do evento, cada posto pagará 60 euros no caso das haimas máis pequenas e 120 no caso das grandes.
Os comerciantes que queiran participar poderán inscribirse ata o 25 de xuño.
A concelleira de Comercio, Cristina Acuña, explicou que este evento forma parte do plan de reactivación do comercio local, impulsado polo Concello cun investimento duns 400.000 euros para paliar na medida do posible a crise creada pola pandemia da COVID-19.
Relacionadas:
-
A feira Stock Marín volverá á Alameda cunha edición adaptada á "nova normalidade"
Por Redacción |
-
O Stock Marín contará cun itinerario regulado para evitar aglomeracións nesta nova feira de oportunidades
Por Redacción |
-
O Pleno de Marín aproba o Plan de reactivación do comercio local
Por Redacción |
-
Marín amplía as mesas autorizadas nas terrazas e reparte adhesivos con acceso á carta online
Por Redacción |
-
O Concello apela ao sentimento marinense na súa campaña para reactivar a economía local
Por Redacción |