Poio tampouco abrirá os parques infantís este luns e aposta por facelo de "xeito gradual e progresivo"
Por Redacción
Do mesmo xeito que Pontevedra, o Concello de Poio aposta por reabrir os parques infantís "de xeito gradual e progresivo", e por tanto demorar a medida máis aló deste luns 15 de xuño, primeiro día de Galicia na denominada nova normalidade.
Segundo a concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, a decisión da Xunta de levantar a prohibición de uso nos parques tomouse "sen deixar aos Concellos unha marxe mínima para ter todo a punto".
Os parques infantís das cinco parroquias do municipio pecháronse o pasado 14 de marzo co decreto do estado de alarma.
Agora tres meses despois, desde o goberno local defenden que "non podemos actuar con improvisación á hora de abrilos e de establecer as medidas de seguridade pertinentes, por moito que a Xunta decidise saír do estado de alarma sen ningún tipo de comunicación previa. Nós imos traballar para ter todas as medidas a punto no mellor tempo posible e que as crianzas teñan garantido todo o necesario en canto a seguridade e a hixiene", explicou Caldas.
Ademais de agradecer o comportamento dos veciños de Poio ao longo dos últimos meses, o Concello fixo fincapé na necesidade de seguir cumprindo coas medidas de distanciamento e hixiene tras o fin da desescalada para evitar posibles rebrotes.
Relacionadas:
-
Abrir os parques infantís de Pontevedra custará 1.400 euros diarios
Por Redacción |
-
Os socialistas critican á Xunta por abrir os parques infantís sen contar cos concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Tímida chegada da 'nova normalidade' aos parques: "Non se podía vir porque o coronavirus é malo, sobre todo para os avós"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Cuntis asegura que cumprir as medidas para reabrir os parques é "inviable cos actuais medios e recursos"
Por Redacción |
-
Pontevedra decide manter pechados unha semana máis os parques infantís
Por Redacción |
-
Apertura de parques infantís e aforos ao 75%, así será a entrada na 'nova normalidade' a partir do luns
Por Redacción |
-
Marín desinfecta os parques infantís de cara á súa reapertura esta fin de semana
Por Redacción |