O Ministerio de Transición Ecolóxica felicita por carta a Pontevedra polo seu recente premio da Comisión Europea
Por Redacción
O recente premio outorgado pola Comisión Europea ao Concello de Pontevedra non pasou desapercibido no goberno central, e concretamente no seu Ministerio de Transición Ecolóxica.
O secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, remitiu ao alcalde de Pontevedra unha carta na que lle felicita polos puntos fortes da proposta municipal e nos que se fixou o xurado do Urban Road Safety Award, un premio de seguridade viaria urbana convocado pola Comisión Europea para premiar boas prácticas en materia de mobilidade sostible.
Trátase, asegura na misiva, dunha mostra de que "é posible avanzar na mobilidade urbana de maneira que a seguridade e o sostemento vaia da man".
"Somos coñecedores de que se trata dun importante recoñecemento ao esforzo realizado durante os últimos anos por Pontevedra para facer da contorna urbana un espazo máis seguro e Máis habitable para os seus cidadáns", conclúe un dos máximos responsables dun ministerio que é o encargado de coordinar en España a Semana Europea de Movilidad.
A capital provincial impúxose neste galardón ás outras dúas cidades finalistas, Jaworzno (Polonia) e Ordu (Turquía), e agora está pendente de coñecer a data na que lle será entregado ao quedar aprazado no seu momento por motivo da pandemia de Covid-19.
Relacionadas:
-
Poznan, Arxentina e Chile queren coñecer o modelo de cidade de Pontevedra, que presume de premio de Seguridade Viaria da UE
Por Redacción |
-
Pontevedra estrea vídeo para celebrar o premio Urban Safety Road sobre mobilidade
Por Redacción |
-
Londres, Carcavelos e Poznan, as novas citas internacionais para o modelo de cidade
Por Redacción |
-
Lores, entrevistado pola Comisión Europea polo premio Urban Road Safety Award
Por Redacción |
-
Pontevedra usará o 'Efecto PO2' para promocionarse como "destino seguro"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra gaña o premio de Seguridade Viaria Urbana da Comisión Europea
Por Alejandro Espiño |