Sanxenxo queda en 2020 sen o seu Mundial de Colchonetas por temor ao coronavirus
Por Redacción
Converteuse por méritos propios nun dos eventos máis divertidos do verán, pero o coronavirus tamén llo levou por diante en 2020.
Sanxenxo non gozará este ano co seu Mundial de Colchonetas, que tería que chegar en xullo á súa 12ª edición.
A Asociación O Cubreiro, responsable do evento, confirmou a súa cancelación "por responsabilidade e por sentidiño", ao supoñer unha concentración de centos de persoas nunha praia pequena como a da Panadeira.
Nestas circunstancias non ven posible garantir que se cumpra a distancia de seguridade necesaria tanto entre os competidores como entre o público asistente.
De todos os xeitos "como nunca choveu que non escampara", O Cubreiro promete retomar o seu divertido mundial con máis ganas de diversión que nunca.