O martes aprobaranse bonificacións a autónomos de Poio que certifiquen a inactividade no confinamento
Por Redacción
O pleno extraordinario da corporación do Concello de Poio desenvolverase o vindeiro martes 16 de xuño, será vía telemática e permitirá aprobar diversas medidas económicas que, segundo o goberno local, axudarán a diminuír a crise económica provocada pola parálise empresarial xerada pola Covid-19.
Modificaranse as Ordenanzas Fiscais Reguladoras dos servizos de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos, a través da que se ofrecerán bonificacións do 100% a todas aquelas persoas responsables de negocios que acrediten a inactividade durante o estado de alarma.
Tamén se aprobará outra das medidas acordadas polo goberno tripartito (BNG, PSOE e Avante Poio), consistente na devolución daqueles importes cobrados en concepto de taxa de instalación de postos de venda e casetas, ademais das taxas de terrazas por ocupación de terreos públicos municipais con mesas e cadeiras durante o tempo en que non puidesen desenvolver esta actividade na etapa de confinamento. Esta devolución executarase mediante compensación do importe que resulte na cobranza destas taxas que se realice no 2021.
A sesión da sesión do pleno extraordinario iniciarase ás 09.30 horas do martes 16 e durante o seu transcurso vai realizarse o sorteo para a formación das mesas electorais das próximas eleccións autonómicas ao Parlamento Galego do 12 de xullo, ademais da modificiación das bases de execución do orzamento 2020.
Desde o Concello de Poio lémbrase ás persoas interesadas en solicitar o aprazamento ou o fraccionamento das taxas, ata un período máximo de 6 meses, que peramenecen en suspenso desde o inicio do estado de alarma, como é o caso do lixo, auga e saneamento, que realicen esta tramitación a través da sede electrónica onde figuran os documentos necesarios. Xulio Barreiro, concelleiro de Facenda, afirma que a medida é aplicable ás persoas que realizan os pagos nas oficinas do Concello como para as que teñen o recibo domiciliado.
O Concello tamén informa de que a sede electrónica concellopoio.sedelectronica.gal incorpora xa un novo apartado para a solicitude de citas previas e recomenda o uso desta ferramenta para calquera xestión cos departamentos da administración municipal.
Relacionadas:
-
Os recibos en Poio xa se poden pagar a través da sede electrónica do Concello
Por Redacción |
-
O Pleno de Poio aproba por unanimidade as medidas económicas para os negocios afectados pola covid-19
Por Oskar Viéitez |
-
O CIM de Poio ofreceu información a máis de 90 mulleres durante o confinamento
Por Redacción |
-
Un pleno extraordinario aprobará a bonificación total do recibo do lixo dos comercios inactivos durante o confinamento
Por Redacción |
-
Ángel Moldes critica que o pleno rexeitase a proposta do PP de baixar os impostos
Por Oskar Viéitez |
-
Os pagamentos de varias taxas municipais en Poio poderán fraccionarse ata en seis meses
Por Redacción |