Sanxenxo construirá o local social de Gondar tras a modificación catastral da parcela
Por Redacción
Gondar contará cun novo local social nos próximos meses. Un compromiso adquirido polo goberno local que agora, unha vez liquidada a modificación catastral da parcela por parte da comisión de festas, poderase levar a cabo e realizarase con cargo ao Plan Concellos. A firma da cesión formalizouse esta semana e na próxima prevese elevar a escritura pública. Ambos os trámites permitirán facer realidade unha importante demanda veciñal en Vilalonga.
O proxecto do local social de Gondar, valorado 255.816 euros, prevé a construción dun edificio dunha soa planta de 183 metros cadrados que se distribúe nun vestíbulo de entrada, unha gran sala polivalente, unha oficina, dous aseos e un almacén. Así mesmo, está previsto urbanizar o exterior cun aparcamento e unha zona verde garantindo a accesibilidade.
A edificación contará con dúas únicas fachadas sobre rasante, polo cal as outras dúas prevense enterradas en dúas dos seus lados. O proxecto permite a integración da edificación na contorna da chaira pétrea existente e lindeira coa Capela de Santo Tomé.
O goberno local decidiu non incluír no seu momento o proxecto do novo edificio social de Gondar ao detectar o problema coa modificación catastral, pero en ningún momento abandonou o seu compromiso nin a vontade de executalo, a pesar das acusacións da oposición, e agora queda demostrado.
Relacionadas:
-
A obra do novo local do centro social de Gondar concluirá en xuño
Por Redacción |
-
Gondar estreará local social o próximo verán
Por Redacción |
-
Sanxenxo acometerá a humanización do vial de acceso á capela de O Santo valorada en 216.272 euros
Por Redacción |
-
Sanxenxo reserva 180.000 euros para construír o local social de Gondar
Por Redacción |