Vía libre para a mellora da eficiencia enerxética da Audiencia de Pontevedra
Por Redacción
Vía libre para catro meses de obras na Audiencia Provincial de Pontevedra. A Xunta de Galicia asinou este xoves a acta de replanteo das actuacións de mellora de eficiencia enerxética do edificio cos responsables da empresa adxudicataria para que poidan dar comezo os traballos.
O prazo de execución do proxecto é de catro meses e suporá a reparación ou substitución das fiestras de madeira da fachada principal e das plantas altas dos patios interiores.
A actuación tamén inclúe a reparación e pintado das contraventás existentes e das reixas nas ventás do edificio xudicial.
Como parte desta actuación renovaranse as luminarias dos locais de ocupación habitual por lámpadas con tecnoloxía LED incluíndo sistema de control de iluminación.
Como resultado desta actuación, mellorarase a cualificación enerxética do inmoble e obterase un aforro de enerxía eléctrica do 17%.
Relacionadas:
-
A Audiencia de Pontevedra, un edificio máis eficiente que reduce un 11% as emisións de CO2 e un 18% o consumo enerxético
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Aproban o cambio a LED de toda a iluminación pública de Campañó, Alba e Cerponzóns
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta anuncia obras de mellora da eficiencia enerxética da Audiencia Provincial
Por Oskar Viéitez |