O Colexio Arquitectos de Pontevedra pon sobre a mesa unha serie de necesidadesque evidencia a nova realidade provocada pola COVID19. Estes profesionais son os primeiros en protagonizar un novo podcast en PontevedraViva Radio: Mentres isto dure. Esta nova realidade, estiman, conlevará un bajón na súa actividade provocado polo contexto económico e no que respecta ao cliente, que haxa maior reflexión no que se quere. Priorizarase a "riqueza espacial" e unhas "vivendas adaptadas para o teletraballo".
As vivendas en ámbito rural van ser máis demandadas resultado da experiencia vivida durante o confinamento. Expoñen que esta tesitura está a ser unha "oportunidade para que as segundas residencias no ámbito rural agora pasen a ser primeira residencia" e así o están empezando a constatar nos despachos profesionais polas consultas que están a recibir, segundo Carlos Berride, tesoureiro da Delegación en Pontevedra.
Desde o Colexio de Arquitectos de Pontevedra, e por extensión o de Galicia, demandan a todas as Administracións medidas de axilización na tramitación de licenzas para actividades industriais e comerciais. En segundo lugar unha aposta seria pola rehabilitación - tanto vivenda como espazos públicos - entendendo que conleva benestar e postos de traballo. E en terceiro lugar, a implementación de licenzas dixitais a través dunha plataforma de interoperabilidade que o Colexio está a ofrecer aos concellos galegos. Dita plataforma xa está operativa de forma que o requisito sería a firma de convenios entre a correspondente Administración e Colexio, explicou o presidente en Pontevedra, Anselmo Villanueva.