O Concello de Sanxenxo e os policías locais retoman a mesa de negociación
Por Oskar Viéitez
O goberno local de Sanxenxo reuniuse este mércores cos representantes sindicais da Policía Local nunha mesa de negociación. O principal tema que se tratou é o número de horas da xornada laboral dos policías.
Segundo a versión deste encontro trasladada polo Concello, ata o de agora, excepto os policías de oficina, medio ambiente e urbanismo que fan 40 horas semanais, o resto dos axentes fai 33 horas. O goberno considera que deben facer 37,5 horas igual que o resto dos empregados municipais, tal e como di o informe xurídico do que dispón o Concello e que será remitido aos representantes sindicais para abordar nunha próxima reunión enmarcada dentro da negociación.
Outro aspecto é a dotación de novas tecnoloxías á Policía Local. Para iso, vai adquirir unha aplicación deseñada por policías locais doutros concellos que se chama xesPol e que facilita o traballo diario dos axentes. A través desta aplicación poderán ter acceso a base de datos de Tráfico e as do propio Concello.
O Concello tamén vai adquirir 4 drons e facilitará a formación de 8 axentes que se mostraron interesados na utilización desta ferramenta tan útil para o control do tráfico e a seguridade cidadá.
O goberno tamén anunciou a súa intención de aumentar o complemento de destino e recoñecer un complemento de produtividade vinculados ao cumprimento duns requisitos que serán avaliados polo mando e o concelleiro responsable, Jaime Leiro, como a puntualidade, a dispoñibilidade as 24 horas, laproductividad, a formación e o desenvolvemento de habilidades nas novas tecnoloxías, entre outros.
O persoal fixo da Policía Local está formada por 23 axentes, pero hai 6 que están de baixa de longa duración. O goberno acaba de convocar 4 prazas para policías que queiran trasladarse a Sanxenxo en comisión de servizo, 2 oficiais e 2 axentes. Ademais, desde hai uns meses, hai 6 auxiliares contratados aos que se sumasen outros 30 a partir da primeira semana de xullo.
Relacionadas:
-
Sanxenxo reforza a súa Policía Local con 40 auxiliares e tres axentes en comisión de servizo
Por Redacción |
-
Sanxenxo acometerá a humanización do vial de acceso á capela de O Santo valorada en 216.272 euros
Por Redacción |
-
Sanxenxo inicia a busca de persoal para cubrir dous postos de oficial e dous de axentes da Policía Local
Por Redacción |
-
"Telmo Martín en estado puro é algo así como a prolongación de Trump aquí en Galicia"
Por Oskar Viéitez |