Caldas volverá ter brigada contra lumes forestais este verán
Por Redacción
Caldas de Reis inicia o proceso de contratación dunha brigada forestal composta por un capataz, tres peóns e un condutor para realizar labores de prevención de incendios durante os tres meses de verán.
Desde o goberno local informan que nos próximos días enviarase a oferta de emprego ao Servizo Público de Emprego para a selección de persoal.
Neste sentido puntualizan que para o posto de capataz forestal o aspirante deberá contar con algunha das seguintes titulacións: enxeñeiro de montes, enxeñeiro técnico forestal, técnico superior en xestión e organización de recursos naturais e paisaxísticos, técnico en traballos forestais e conservación do medio natural ou formación profesional equivalente.
A contratación desta brigada forestal derívase do convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural e o Concello para a participación na prevención e defensa dos montes contra os incendios forestais cofinanciado parcialmente polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020.
Relacionadas:
-
Os concellos reciben a subvención da Xunta para contratar persoal dedicado á prevención de incendios
Por Redacción |
-
Poio inicia o procedemento para a contratación de oito brigadistas para a prevención de lumes forestais
Por Redacción |
-
Cuntis inicia a campaña primaveral de rozas en pistas e camiños municipais
Por Redacción |
-
Dúas queimas incontroladas requiren actuacións de emerxencia en Cuntis e Portas
Por Redacción |
-
Dous meses despois, volven estar permitidas as queimas forestais e agrícolas
Por Redacción |