Ciudadanos retoca a súa lista por Pontevedra pero mantén a Beatriz Pino como candidata
Por Redacción
Beatriz Piñeiro, ex deputada de Ciudadanos no Congreso, volve ser a aposta do partido laranxa para as eleccións galegas do próximo 12 de xullo. A xornalista viguesa mantense como cabeza de lista por Pontevedra con respecto aos comicios suspendidos en abril.
Estará acompañada á fronte da candidatura por Pontevedra Luís Miguel Lamas, empresario pontevedrés que foi responsable de deportes na executiva local de Cidadáns durante a etapa de María Rey como edil da corporación municipal.
A partir de aí, o partido que dirixe Inés Arrimadas optou por retocar algúns dos nomes de integraban a lista pontevedresa en abril.
Fátima Iglesias Barreiro (A Guarda) saltará ao número 3 en substitución da viguesa Raquel Álvarez Mera, que pasará a ocupar a quinta praza tras o concelleiro da Lama, Andrés Cal.
Sergio Iglesias (Cangas), Silvia Villaverde (Pontevedra), Mario Martínez (A Cañiza), María de los Ángeles Alonso (Vilagarcía) e Rafael Domínguez (A Guarda) completan os dez primeiros postos desta candidatura.
Relacionadas:
-
'Mans arriba, isto é unha peaxe', o autobús-protesta de Ciudadanos que percorre Galicia
Por Redacción |
-
Ciudadanos pide un plan de rescate para os feirantes ante o "abandono" da Xunta
Por Redacción |
-
Ciudadanos pide destinar partidas non executadas do orzamento a políticas sociais e á exención de taxas
Por Manu Otero |
-
Sen cambios na lista do PP por Pontevedra, que mantén a Rueda e Lupe Murillo nos primeiros postos
Por Redacción |
-
Peque González será a candidata de Marea Galeguista por Pontevedra
Por Redacción |
-
O BNG ratifica as súas listas para o 12X con Bará como candidato por Pontevedra
Por Redacción |