O ex alcalde do Grove Bea Gondar, condenado a pagar 16.000 euros polo secuestro de Fariña
Por Natalia Puga
O ex alcalde do Grove José Alfredo Bea Gondar deberá pagar unha indemnización de 16.000 euros ao xornalista Nacho Carretero e aos editorial Libros del K.O. pola demanda presentada contra a publicación que derivou no secuestro cautelar do libro Fariña.
A propia editorial e o xornalista deron a coñecer a sentenza da Audiencia Provincial de Madrid a través de publicacións en Twitter. Libros del K.O. considera a resolución "una cuestión de justicia" mentres que Nacho Carretero cualifícao como "una gran noticia de algo que nunca tuvo que haber sucedido".
Ademais, Carretero cre que é unha mensaxe de xustiza para "aquellos que pretenden hacer dinero a costa del esfuerzo y trabajo de los periodistas".
Segundo a información publicada por eldiario.es, Bea Gondar está condenado a pagar 3.437,96 euros de indemnización a Nacho Carretero e 13.042,21 a Libros del K.O.
Esta sentenza é resultado dunha solicitude de liquidación de danos e prexuízos presentada pola editorial e que en primeira instancia, en novembro de 2019, foi desestimada. Agora estimouse nunha resolución que xa é firme e que recoñece os danos ocasionados polo secuestro cautelar da publicación, que durou 121 días, do 12 de febreiro ao 13 de xuño ao 13 de xuño de 2018.
A indemnización recoñece as perdas ao autor e á editorial calculando o diñeiro que gañarían vendendo exemplares do libro durante eses 121 días de secuestro.
Esta é xa a segunda vitoria xudicial de Carretero e Libros del K.O. en relación con este asunto, pois a demanda por vulneración do dereito á honra presentada por Bea Gondar foi desestimada en setembro de 2019 tamén pola Audiencia Provincial de Madrid.
Pues hoy nos han notificado un auto por que condenan a Alfredo Bea Gondar a indemnizarnos a nosotros y a @NachoCarretero por el secuestro de "Fariña". Era una cuestión de justicia
— Libros del K.O. (@librosdelko) June 8, 2020
Es una gran noticia de algo que nunca tuvo que haber sucedido. Y es, sobre todo, un mensaje de justicia para aquellos que pretenden hacer dinero a costa del esfuerzo y trabajo de los periodistas. https://t.co/1AmT4tqadu
— Nacho Carretero (@NachoCarretero) June 8, 2020
Relacionadas:
-
Bea Gondar perde definitivamente a súa batalla xudicial contra "Fariña"
Por Redacción |
-
Pontevedra recibe dobre ración de 'Fariña'
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Comprar "Fariña" en Pontevedra, misión (case) imposible
Por Alejandro Espiño |
-
Unha xuíza ordena o secuestro do libro "Fariña" a petición dun ex alcalde do Grove
Por Redacción |
-
Nacho Carretero presenta "Fariña", unha crónica sobre o narcotráfico en Galicia, na libraría Paz
Por Redacción |