Marín pon a disposición do estudantado a aula CeMIT da Biblioteca Vidal Pazos para realizar exames
Por Redacción
Aqueles estudantes universitarios de Marín que teñan que enfrontarse aos exames durante os meses de xuño e xullo terán a oportunidade de utilizar a aula CeMIT do Concello.
A aula atópase situada na planta superior da Biblioteca Municipal Vidal Pazos e o goberno local indica que se atopa ao dispor do alumnado que desexe utilizala.
Estes espazos ofrecen unha garantía de conexión a Internet e son unha alternativa para aquelas familias con universitarios que carecen de rede ou que contan cun servizo pouco estable.
Aquel alumnado que queira utilizar este servizo debe de darse de alta como usuario da Rede CeMIT e seguir o protocolo específico que se establece para inscribirse.
A asistencia ao exame terá que realizarse media hora antes da proba e mantendo as distancias de seguridade de dous metros, empregando luvas e máscara e cunha hixiene adecuada das mans.
O estudante deberá levar o material necesario para realizar o exame e o teléfono móbil para darse de alta para o uso da rede Wifi da Xunta de Galicia. Tamén se indica que é necesario levar auriculares para evitar molestias en caso de que haxa probas en que sexa preciso utilizar audio.
Relacionadas:
-
Cuntis asina un convenio para realizar exames universitarios na aula CeMIT
Por Redacción |
-
A Universidade autoriza 14 probas presenciais en Forestais, Belas Artes e Fisioterapia
Por Oskar Viéitez |
-
A selectividade será "diferente" con máis centros de exames e menos movemento de alumnos
Por Alejandro Espiño |
-
Os universitarios poderán realizar os seus exames de forma telemática na aula Cemit de Combarro
Por Redacción |