En marcha o volteo da area das praias de Marín
Por Redacción
As máquinas entraron estes días nas praias de Marín para bascular a area, un traballo de acondicionamento que é necesario realizar todos os anos para o correcto uso dos areais da vila. Esta acción de volteo lévase a cabo para airear e desapelmazar a area para manter nas mellores condicións as praias.
Ademais, estase poñendo a punto toda a contorna así como os servizos de aseo e de vestiario a cargo do Grupo Roslev.
De xeito concreto, levouse a cabo o chorreo de soportais de Portocelo, o desbroce das tres entradas de Mogor, a limpeza do viario desde a Escola Naval até Mogor e o vaciado de todas as papeleiras.
O obxectivo é poder ter os areais da vila en perfecto estado de cara ao inicio da época estival, do 1 de xullo ao 30 de setembro, no que as praias contan con cen por cen dos seus servizos.
Relacionadas:
-
Un semáforo informará do nivel de aforo das praias de Marín
Por Redacción |
-
Reducir o consumo de auga e controlar os residuos, obxectivos do Concello para as praias de Marín neste 2020
Por Redacción |
-
Rescatan un menor que caeu a unhas rocas cando pescaba co seu pai e golpeou a cabeza
Por Redacción |
-
Posta a punto da estrada das praias de Marín, con nova rodadura e sen maleza
Por Redacción |