O movemento antitaurino sae á rúa para reivindicar o fin das touradas
Por Diego Espiño
Con lemas como "a tortura nin arte nin cultura" a plataforma 'Touradas fóra de Pontevedra', apoiada por 60 colectivos sociais, culturais e animalistas, saíu á rúa coincidindo coa celebración da terceira xornada da Feira da Peregrina para pedir a abolición das touradas.
Unha manifestación percorreu o centro da cidade esixindo "o fin da tortura" e coa esperanza de que Galicia siga os pasos de Cataluña para converterse na segunda comunidade que prohibe os festexos taurinos.
Trátase do quinto ano consecutivo no que o colectivo organiza unha marcha antitouradas en Pontevedra, única cidade de Galicia cunha praza dedicada exclusivamente aos touros.
CADEA HUMANA ANTE A PRAZA
Horas antes da manifestación, a organización Igualdade Animal protagonizou un acto simbólico ante a praza de touros, rodeándoa case por completo cunha cadea humana, rematado cun minuto de silencio en memoria "dos miles de animais que son víctimas das touradas", segundo sinalou Jerusa Villergas.
A voceira do colectivo asegurou que estes espectáculos non contan con apoio social en Galicia, e rematarían se se cortan as axudas que reciben: "en Galicia unha amplia maioría, máis do 80% da sociedade está en contra das touradas e se se manteñen é só por temas de subvencións".
Relacionadas:
-
Promoven unha campaña contra os touros na cidade e a "desinformación" das axudas da Deputación
Por Redacción |
-
Concello, Deputación, Xunta e Goberno central: os Antitouradas teñen demandas para todos
Por Natalia Puga |
-
O movemento Antitouradas reúne apoios de 51 colectivos para manifestarse o sábado en Pontevedra
Por Natalia Puga |