A Lama limpa e desinfecta a praia fluvial de cara a chegada dos bañistas
Por Redacción
Operarios municipais comezaron executar os traballos de limpeza e desinfección da praia fluvial da Lama, co obxectivo de que estea en perfecto estado ante a chegada dos bañistas.
Ademais de cortar a herba e realizar labores de mantemento en fontes, instalacións ou baños, empregouse unha máquina de presión especializada en limpeza e desinfección de pavimentos.
Con ela, os traballadores actuaron no entorno dos asadores e mesas de pedra así como nas zonas empedradas de acceso á praia fluvial e de conexión entre os distintos espazos de lecer.
Tamén se limpou en profundidade o itinerario para acceso autónomo das persoas con déficit de visión instalado en temporadas pasadas con pavimento podotáctil, mobiliario, elementos lúdicos e sinalización accesible.
Ante a chegada da tempada estival, o Concello da Lama fixo un chamamento á responsabilidade no uso da praia fluvial, de xeito que os bañistas manteñan o distanciamento social durante a súa estancia no areal para evitar contaxios pola COVID-19.