Dous mozos de Sanxenxo resultan feridos nunha colisión entre tres vehículos en Cambados
Por Redacción
Dous mozos de 27 e 28 anos, ambos os dous veciños de Sanxenxo, resultaron feridos nun accidente de tráfico rexistrado de madrugada na parroquia de Castrelo, en Cambados.
Segundo a información facilitada polo Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, sobre as 1.30 horas da madrugada deste venres a este sábado produciuse unha colisión na estrada PO-550 na que se viron implicados tres turismos.
Os dous feridos eran o condutor e o copiloto dun mesmo vehículo, un Audi A4, e tiveron que ser trasladados ao Hospital do Salnés con dores cervical e torácico, segundo informa Emerxencias de Cambados.
O 112 Galicia mobilizou aos efectivos do servizo municipal de Protección Civil de Cambados, do persoal médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Ribadumia.
Agora a Garda Civil instrúe dilixencias sobre o sinistro para determinar que ocorreu.