O balance diario de Covid-19 reporta un caso máis activo na área sanitaria, con 16
Por Diego Espiño
A Consellería de Sanidade elevou a 16 os casos activos de coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, o que supón un máis que os reflectidos no balance do xoves.
Segundo os datos oficiais ofrecidos este venres 5 de xuño, producíronse tres altas epidemiolóxicas con respecto ao día anterior, o que significa o número de novos test positivos rexistrados foi de 4.
Todos os afectados evolucionan nos seus respectivos domicilios, mantendo aos hospitais da área sanitaria sen pacientes ingresados con positivo activo de Covid-19.
Desde o inicio da pandemia curáronse 878 pacientes en Pontevedra e O Salnés, mentres que a cifra de falecementos asociados ao virus segue sendo de 16.
A nivel autonómico, segundo a última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 563, polos 569 do xoves. Deles 132 son da área da Coruña, 37 da de Lugo, 51 da de Ourense, 16 da de Pontevedra, 195 da área de Vigo, 114 da de Santiago, e 18 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 1 permanecen en UCI, 26 están en unidades de hospitalización e 536 no domicilio. Polo de agora, na comunidade hai un total de 10.178 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 148.150 e a cantidade de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais supoñen o 0,1% do total das persoas residentes. Contabilízanse 28 usuarios e 21 profesionais contaxiados en centros residenciais e producíronse 132 falecementos en residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns respecto diso e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten ao dispor da cidadanía unha páxina web, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
Tres casos activos menos de coronavirus para un total de 13 na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Cuarto día consecutivo con 16 casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Tres altas e tres contaxios por coronavirus nas últimas 24 horas na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Baixa ata 15 o número de casos activos de Covid-19 na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
176 traballadores da área sanitaria deron positivo en coronavirus desde o inicio da pandemia
Por Redacción |
-
Os casos activos de coronavirus descenden ata os 25 na área sanitaria pontevedresa
Por Diego Espiño |
-
O conselleiro de Sanidade destaca que a área sanitaria de Pontevedra é a de menos falecidos por coronavirus de Galicia
Por María José Pita |
-
Terceira xornada consecutiva con 28 casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Diego Espiño |