Falece o promotor do aeródromo de Godos nun accidente cun tractor
Por Redacción
José Manuel Campañó, empresario e promotor do aeródromo de Godos, en Caldas de Reis, foi achado morto nos terreos do propio aeródromo na madrugada deste sábado.
Segundo informa o 061, a central de coordinación recibiu un aviso ás 2:29 horas por un accidente cun tractor.
Ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios do Punto de Atención Continuada (PAC) de Caldas, ademais dunha ambulancia asistencial, pero non puideron facer nada para salvar a súa vida.
Campañó, de 63 anos, tería resultado ferido ao envorcar o tractor co que estaba a traballar.