As tendas de Cuntis únense á campaña do Comercio Seguro
Por Redacción
O comercio de Cuntis asociado ao colectivo Cuntis Comercial Vila Aberta participará na campaña da Federación Provincial de Comercio consistente na repartición de acreditacións a aqueles comercios que apliquen nos seus negocios os protocolos sanitarios estipulados pola Xunta tras a crise da Covid-19.
Os donos de locais que queiran contar co selo de Comercio Seguro terán que realizar unha autoavaliación para saber se cumpren os requisitos a través dunha ferramenta dixital. Tras introducir os datos, a aplicación genrea un informe e recomendacións a seguir para cumprir cos requisitos. Os que consigan un nivel de seguridade elevado recibirán o selo que os certificará como seguros.
A iniciativa foi presentada este xoves coa presenza do alcalde, Manuel Campos, e o concelleiro de Turismo, Martín Álvarez; así como a presidenta de Cucova, Rebeca Rey, e representantes da organización. "No momento actual é fundamental xerar a confianza necesaria na clientela para que se retomen as compras no pequeno comercio", declarou o rexedor.
Na tarde do mércores, alcalde e concelleiro mantivo un encontro co tecido hostaleiro e comercial da vila para coñecer de primeira man como levan a súa adaptación á nova normalidade. Neste sentido, Campos mostrouse satisfeito pola boa acollida que están a ter as mediadas adoptadas polo Concello para relanzar a economía local.
Unha das novas accións nas que traballa o equipo de goberno consiste na dixitalización das cartas dos restaurantes con códigos QR.
Relacionadas:
-
O Concello de Cuntis prevé unha boa ocupación turística para este verán
Por Redacción |
-
Cuntis convida aos seus hostaleiros a abandonar as cartas e pasar aos códigos QR
Por Redacción |
-
Cuntis asina un convenio para realizar exames universitarios na aula CeMIT
Por Redacción |
-
Nace Mercacuntis, a plataforma web para realizar compras no comercio local
Por Redacción |
-
Cuntis fomenta o comercio dixital para atraer clientes ás tendas locais
Por María José Pita |
-
Consenso entre os grupos políticos de Cuntis para impulsar un plan de reactivación económica
Por Redacción |