Sanxenxo fixa para o día 9 os dous plenos extraordinarios suspendidos polo estado de alarma
Por Redacción
O decreto do estado de alarma impediu a celebración dos dous plenos extraordinarios previstos para marzo.
Os plans de desescalada permiten agora a organización de reunións sempre baixo estritas mediadas de seguridade, polo que o goberno local decidiu reprogramarlos para o 9 de xuño cun aforo máximo do 40%, un máximo de 32 persoas, que teninendo en conta a participación dos 21 concelleiros e os técnicos municipais só haberá espazo para once persoas do público.
A orde do día destas sesións está composto, en primeiro lugar, pola proposta do grupo do partido popular do cambio no modelo de xestión do Servizo de Axuda no Fogar que implicará o paso da xestión municipal á adxudicación a unha empresa. Desde o executivo de Telmo Martín confía que a externalización do servizo sirva para resolver as "importantes carencias" derivadas da xestión municipal.
A continuación celebrarase unha segunda sesión a pedimento da oposición, da que o rexedor decidiu retirar o primeiro punto da orde do día no que a oposición, segundo o goberno local, pretendía reprobar ao concelleiro de Benestar Social por externalizar o Servizo de Axuda no Fogar.
Alega Martín que a lexislación local non admite a figura da reprobación, que si está contemplada nos parlamentos autonómicos e nas dúas cámaras lexislativas.
Engade ademais que "a competencia para delegar ou recuperar a xestión das distintas áreas de goberno é exclusiva do alcalde e, por tanto, o Pleno non é competente para retirar a delegación dun concelleiro". Con todo, lembra ao resto de grupos que si poderían "promover unha moción de censura contra o alcalde nese caso a competencia si que residiría no pleno".
Neste sentido, Martín convida á oposición para expresar as razóns polas que consideran que o edil de Benestar Social non é idóneo para o seu cargo en calquera dos outros tres puntos da orde do día.
Relacionadas:
-
O goberno local de Sanxenxo acusa á oposición de "trasnoitada e hipócrita" por "axitar o medo da falsa privatización"
Por Oskar Viéitez |
-
A oposición solicita un pleno extraordinaria ante as pretensións de Telmo Martín de privatizar o Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |
-
Recollida de sinaturas e protestas no pleno, primeiras medidas sindicais contra a privatización do Servizo de Axuda no Fogar
Por Anxo Lourido |
-
Incredulidade da CIG coa decisión do concello de externalizar servizos municipais
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo convocará en marzo un concurso para adxudicar o Servizo de Atención no Fogar
Por Redacción |