Pechan o vial principal do polígono da Ran por obras
Por Redacción
O Concello de Cuntis informa que o vial principal do polígono industrial da Ran permanecerá pechado provisionalmente ao tráfico durante os vindeiros días debido ao avance das obras de mellora da capa de rodadura desta estrada.
O tráfico convencional entre a estrada PO-220 e a N-640 queda suspendido desde este xoves 4 de xuño e ata o remate dos traballos. O Concello cuntiense pide desculpas polas molestias que esta situación poida provocar.
A circulación permitida limítase ao acceso ás naves industriais que desenvolven a súa actividade no propio polígono e ao uso interno do parque empresarial.
As obras impulsadas polo Concello de Cuntis e a Deputación de Pontevedra cun investimento de 554.000 euros seguen os prazos previstos. Esta intervención vai a permitir unha mellora nas condicións do polígono, necesaria para fomentar o asentamento de novas empresas e para facilitar a actividade e a permanencia das xa existentes.
A capa de rodadura é a última que se aplica sobre a estrada e ten como finalidade protexer a superficie do pavimento dos axentes externos que puidesen causarlle dano. Ademais, esta capa é un elemento extra en materia de seguridade, pois mellora a textura e a fricción, diminúe o ruído, facilita o desaloxo rápido da auga de choiva, resiste deformacións e distribúe uniformemente as cargas de tránsito.
Ademais desta mellora da estrada principal, o proxecto inclúe a construción de novas beirarrúas, a instalación de luminarias, a colocación de mobiliario urbano e a dotación de mellor sinalización.
Relacionadas:
-
O alcalde de Cuntis pide "axilidade" á Xunta na posta a disposición de solo industrial
Por Oskar Viéitez |
-
O polígono industrial de Cuntis mellora as condicións para acoller novas empresas
Por Oskar Viéitez |
-
Unha sociedade estatal sondea a posibilidade de desenvolver solo industrial en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis avanza no desenvolvemento do polígono da Ran
Por Redacción |
-
Cuntis pon en marcha a construción dunha rede secundaria de camiños en terreos da parcelaria de Troáns
Por Redacción |
-
O Concello de Cuntis expropia o vial do polígono industrial da Ran
Por Redacción |