Abren o prazo para presentar solicitudes a dúas prazas de Policía Local en Poio
Por Redacción
O Boletín Oficial do Estado publicaba este mércores que abre o prazo para que aquelas persoas que aspiren a optar ás dúas prazas que oferta a Policía Local de Poio presenten a documentación.
As persoas interesadas en formar parte da convocatoria contan con 20 días para realizar todas as xestións. O Concello de Poio recomenda que os trámites por parte das persoas interesadas realícense a través da sede electrónica da páxina web municipal.
É necesario realizar unha transferencia para o pago dos dereitos de exame. Esta decisión adóptase para minimizar unha demanda masiva e evitar aglomeracións ante a Covid-19.
A administración municipal pon ao dispor daquelas persoas que teñan algunha dúbida o teléfono 986.770.001 ou o correo electrónico empregolocal@concellopoio.gal
As dúas prazas intégranse na Oferta de Emprego Público que se corresponde co exercicio de 2019.
Relacionadas:
-
Convocan polo trámite de urxencia o proceso selectivo para 119 auxiliares de policía local
Por Redacción |
-
Poio inicia o procedemento para a contratación de oito brigadistas para a prevención de lumes forestais
Por Redacción |
-
O Concello de Poio confía en que as probas de varias prazas de emprego público se realicen a finais de ano
Por Oskar Viéitez |