Salcedo aficiónase aos flashmob para reivindicar unha "casa de cultura digna"
Por Redacción
Dous flashmob cunha hora de diferenza. Tres en menos de cinco días. A plataforma cidadá por unha Casa da Cultura Digna para Salcedo tomou este tipo de acción reivindicativa como bandeira para facer chegar as súas demandas aos veciños de Pontevedra. O luns sorprenderon cun na praza da Peregrina. Este venres, con dous, un ás 12.00 horas diante da praza de abastos e outro ás 13.30 na praza de Curros Enrríquez.
Non por repetidos foron menos rechamantes e en todos eles lograron chamar a atención de toda unha multitude. Máis dunha trintena de músicos, a maior parte mozos, e unha bailarina empezaron a saír de detrás de cada esquina e de cada portal. Dous 'espontáneos' empezaran a tocar en dúo, cos seus correspondentes atril e cadeira, e de forma sorpresiva invitaron a unirse a eles a un mozo apoiado nun escaparate.
Todo parecía improvisado. Os viandantes quedaron intrigados. Cales serían os seus seguintes pasos? Os tres puxéronse a tocar e, pouco a pouco, saíron de todas as esquinas máis e máis músicos. Ao mesmo tempo, os integrantes da plataforma comezaron unha repartición de folletos coas súas reivindicacións e unha recollida de firmas para a causa.
Dez minutos despois do primeiro movemento, a música deixou de soar, chegou un grande aplauso e todos empezaron a disolverse por onde chegaran. Na praza, os dous músicos iniciais.
A escena repetiuse en Curros Enrríquez e ante o mercado de abastos, cun público moi variado, pero igual de numeroso e coas mesmas doses de espontaneidade entre os participantes no concerto sorpresa. Tamén foi o mesmo o obxectivo: pedir ao Concello de Pontevedra que se reformule o proxecto de constucción da nova casa de cultura da parroquia tal e como está formulado e que se pare a negociar cos distintos colectivos sociais e culturais de Salcedo a forma na que debería facerse para cubrir as necesidades da zona.
"Paremos unha casa de cultura sen cultura", reclaman. E non se descarta que muelvan a mobilizarse e mesmo que organicen outro flashmob como os tres que xa empezaron a circular polas redes sociais.
Relacionadas:
-
Os populares pídenlle ao Concello que dote a Salcedo dunha Escola municipal de Música
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello e a Plataforma Cidadá de Salcedo liman asperezas, pero non chegan a acordo total
Por Natalia Puga |
-
O Concello reunirase coa Banda de Música de Salcedo en plena polémica pola nova Casa de Cultura
Por Redacción |