A Universidade autoriza 14 probas presenciais en Forestais, Belas Artes e Fisioterapia
Por Oskar Viéitez
O Consello de Goberno da Universidade de Vigo autorizou a celebración presencial de 14 exames da convocatoria de xullo en tres centros de Pontevedra: Enxeñería Forestal, Belas Artes e Fisioterapia xa que necesitan a adquisición de habilidades manuais, teñen un baixo número de estudantes ou implican a elaboración de prototipos téxtiles.
Descartáronse as peticións de Enfermería e Ciencias da Educación Física e o Deporte.
O Consello de Goberno na sesión deste martes tamén aprobou o plan que debe fixar as bases do curso 20/21. O equipo de goberno expón un modelo que alterne a docencia mixta, cunha parte dos alumnos en casa e outra no campus, a virtual no caso de que haxa rebrotes e vólvase ao confinamento, e a presencial para todos os estudantes.
Segundo informa o diario da Universidade de Vigo, o documento xerou un intenso debate polo que o reitor acordou abrir un período de negociación para incluír outras propostas.
Este modelo de docencia mixta apoiarase nunha nova ferramenta desenvolvida a partir do Campus Remoto, un xemelgo virtual que inclúe 35 edificios, 2.773 despachos para titorías e exames e 1.400 aulas. O reitor avanzou que a Universidade pedirá á Xunta que asuma o gasto que supón preparar as aulas para que os alumnos asistan a clase de forma simultánea dotándoas, como mínimo, de encerado electrónico, micrófono para o profesorado, altofalantes e lapis dixital.
Relacionadas:
-
Juan Picos renova como director de Forestais decidido a manter a calidade formativa e captar máis alumnos
Por Redacción |
-
RADIO.- "Non somos heroes nin guerreiros, somos profesionais da saúde, pero teñen que dar ferramentas"
Por Marisa Ciordia |
-
Marín pon a disposición do estudantado a aula CeMIT da Biblioteca Vidal Pazos para realizar exames
Por Redacción |
-
O grao en Deseño e Creación terá espazos propios no edificio administrativo de Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |
-
A selectividade será "diferente" con máis centros de exames e menos movemento de alumnos
Por Alejandro Espiño |
-
Dirección e Xestión Pública no campus de Pontevedra será o primeiro grao universitario galego con modalidade virtual
Por Redacción |