Terceira xornada consecutiva con 28 casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Diego Espiño
O balance oficial da Consellería de Sanidade sobre a afectación do Covid-19 mantén á de Pontevedra e O Salnés como a segunda área sanitaria galega con menor número de casos activos, só por detrás de Ferrol.
En concreto a pontevedresa calca por terceiro día consecutivo a cifra de 28 casos activos, con ningún paciente ingresado nin en planta nin na Unidade de Coidados Intensivos, xa que todos eles evolucionan nos seus respectivos domicilios.
Ademais nas últimas horas 1 paciente recibiu o alta epidemiolóxica, polo que se deduce que é o mesmo número que novos positivos detectados. Así, desde o inicio da pandemia curáronse 859 persoas afectadas de coronavirus na área sanitaria, manténdose estable a cifra de 16 falecidos por esta causa.
A nivel autonómico, segundo a última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 707, polos 722 do luns. Deles 158 son da área da Coruña, 39 da de Lugo, 68 da de Ourense, 259 da área de Vigo, 135 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 3 permanecen en UCI, 27 están en unidades de hospitalización e 677 no domicilio. Polo de agora, hai un total de 9.991 persoas curadas, rexistrándose 616 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 144.226 e a cantidade de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais supoñen o 0,1% do total das persoas residentes. En toda a comunidade contabilízanse 36 usuarios e 39 profesionais contaxiados en centros residenciais e producíronse 132 falecementos en residencias e 141 en hospitais e residencias integradas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns respecto diso e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten ao dispor da cidadanía unha páxina web, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
O balance diario de Covid-19 reporta un caso máis activo na área sanitaria, con 16
Por Diego Espiño |
-
Baixa ata 15 o número de casos activos de Covid-19 na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Os casos activos de coronavirus descenden ata os 25 na área sanitaria pontevedresa
Por Diego Espiño |
-
Sen cambios no balance diario do Covid-19 en Pontevedra e O Salnés, con 28 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Dos 732 casos activos por coronavirus en Galicia só 28 son de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Sen hospitalizados na área de Pontevedra, 29 casos activos por coronavirus evolucionan nos seus domicilios
Por Oskar Viéitez |
-
Baixa ata os 30 o número de casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Diego Espiño |