Ás 23.13 horas pódese ver desde as Rías Baixas a Estación Espacial Internacional coa cápsula Crew Dragon acoplada
Por Redacción
Galicia e, en concreto, as Rías Baixas serán na noite deste luns escenario para ver o paso da Estación Espacial Internacional (ISS). Segundo a páxina de investigación GCiencia, ás 23.13 horas poderase ver a primeira ollada, sempre que a nebulosidade non o impida, un punto luminoso que atravesará o espazo desde o oeste cara ao leste.
Desta forma, aquelas persoas interesadas no mundo da astronomía terán a oportunidade de ollar o paso deste centro de investigación situado na órbita terrestre coa incorporación da cápsula Crew Dragon, despois de que conectaran durante as últimas horas. Este sábado realizábase o lanzamento desde Cabo Cañaveral da Crew Dragon con dous astronautas na primeira misión promovida por unha iniciativa privada
Ademais este lanzamento permitiu á NASA empregar un vehículo propio, despois de nove anos nos que tivo que depender da tecnoloxía rusa e dos lanzadores Soyuz. Neste caso utilizábase unha nave reutilizable, que foi recollida nunha plataforma no océano Atlántico.
Segundo GCiencia, o laboratorio orbital poderase ver como un pequeno punto branco que se desprazará a gran velocidade, ao redor de 28.000 quilómetros por hora. Para observar a Estación Espacial Internacional recomendan evitar a contaminación lumínica que producen as grandes cidades e buscar espazos abertos.