O PP de Poio solicita crear unha partida extraordinaria cos cartos do San Xoán
Por Redacción
O Partido Popular de Poio, vén de anunciar que no Pleno de xuño defenderán unha moción na que solicitarán ao equipo de goberno local a creación dunha partida extraordinaria de emerxencia social cos cartos que se ían destinar, as xa canceladas, Festas Patronais de San Xoán.
"Coa decisión de suspender as Festas de San Xoán ábrese a oportunidade de crear, con eses cartos, unha partida de emerxencia social e axudar así a centos e centos de familias de Poio", indica o portavoz popular Ángel Moldes, que espera contar co apoio unánime de todos os grupos políticos e axudar de forma directa ás familias de Poio.
"Durante estes meses de Estado de Alarma todos os traballadores e traballadoras de servizos sociais fixeron un traballo incansable e imprescindible e coa súa dedicación axudaron a moitas familias en situación de risco de exclusión social e a nosa obriga é aumentar os recursos da Concellería de Benestar Social", indica Moldes.
Por iso, os populares solicítanlle ao equipo de goberno que os preto de 100.000 euros que custan as Festas Patronais se destinen a crear esta partida de emerxencia social "que estaría destinada a cubrir gastos esenciais e básicos de familias de Poio en risco como o mantemento da vivenda habitual, a subsistencia e outros gastos non cubertos polos diferentes sistemas de proteción social.
Relacionadas:
-
Poio abrirá o mércores o prazo de solicitudes para a realización de cacharelas privadas
Por Redacción |
-
Os artistas locais serán os protagonistas das festas de San Xoán de Poio
Por Redacción |
-
A celebración ou non de cacharelas por San Xoán é decisión dos Concellos
Por Marisa Ciordia |
-
Finalmente en Poio, polo San Xoán, nin cacharela nin sardiñada que pingue no pan
Por Redacción |
-
Poio impulsa a creación dun plan de reactivación municipal para atallar a crise
Por Oskar Viéitez |