A Lama 'blinda' a súa feira ambulante fronte a COVID-19
Por Redacción
A feira da Lama regresará este domingo ao seu escenario habitual, a Alameda do municipio. Vaino a facer totalmente 'blindada' contra o coronavirus, de xeito que sexa un lugar seguro tanto para os visitantes como para os comerciantes.
O Concello, en colaboración con Protección Civil, activará un amplo dispositivo que incluirá, entre outras medidas, a separación de postos de venda ambulante, un circuíto de entrada e saída e máscaras ou xel hidroalcólico a disposición dos asistentes.
O goberno local lembra a aquelas persoas que decidan acudir o vindeiro domingo á feira que deben manter as medidas de seguridade e seguir as indicacións que estarán a disposición do público para que esta actividade se desenvolva con total normalidade.
Na feira haberá vendedores ambulantes de roupa -que non se poderá tocar-, calzado panadería, produtos da horta, comestibles e plantas e tamén volverá a este mercado tradicional o pulpeiro que ofrecerá un produto habitual das feiras galegas.
O polbo poderá comprarse para levar ou para degustar na terraza da feira habilitada para albergar o aforo recomendado polas directivas sanitarias e gobernamentais.
O Concello da Lama, coa recuperación desta feira, pretende dinamizar a economía e a actividade social do municipio ao tempo que mellora a oferta comercial na zona co fin de ir acadando a normalidade cidadá, xa na fase 2 da desescalada.
Relacionadas:
-
A Lama recupera a súa feira
Por Redacción |
-
A Lama merca unha máquina especializada en limpeza a presión de pavimentos
Por Redacción |
-
VIDEO.- En plena primavera, e no medio da alerta por coronavirus, unha foto inusual: a neve chega á Lama
Por Redacción |
-
A Lama reparte alimentos de primeira necesidade entre vinte familias do municipio
Por Redacción |