Os socialistas de Pontevedra acusan a Feijoo de aproveitar a pandemia para precarizar o traballo dos sanitarios
Por Redacción
Membros da Agrupación Socialista de Pontevedra mantiveron este venres un encontro coas portavoces do colectivo de Técnicas en Coidados Auxiliares de Enfermería na que lles fixeron saber a situación de precariedade laboral na que se atopan e que se viu incrementada por motivo da pandemia da Covid-19.
Na reunión estiveron presentes os candidatos do PSdeG á Xunta por Pontevedra, Paloma Castro e Rafael Cotelo, así como o secretario de Organización do partido, Tino Fernández, e o portavoz de Sanidade no Parlamento, Xulio Torrado. Alegan os socialistas que as afectadas están molestas con "os xogos de trileiro que Feijoo está a realizar coas listas de contratación".
Por iso, desde a agrupación socialista acusan ao popular de aproveitar a crise para precarizar aínda máis a sitación das axiliares, un colectivo no que máis de 35 % do persoal é eventual. "A Xunta está a prorrogar os contratos Covid-19, pensados para reforzar os persoais nos momentos máis duros da pandemia, recolocando persoal noutros servizos sen respectar as listas", denuncia Vanesa Martínez, unha das afectadas
Moitas auxiliares non serán chamadas ao longo deste verán para cubrir baixas ou vacacións, alertan os socialistas sobre unha situación que afecta a 400 profesionais só na área sanitaria de Pontevedra.
Denuncia Paloma Castro que estas "argucias" teñen " cheiro electoralista" porque "eses contratos Covid-19 son abonados integramente polo Ministerio de Sanidade. O persoal sanitario sáelle gratis á Xunta, dándose ademais a casualidade de que moitas destas prórrogas teñen como data límite o 15 de xullo, tres días despois dá data electoral. Se tiraran da lista de contratación sería a súa obriga realizar o pagamento dos salarios”, di a candidata.
As portavoces do colectivo, Vanesa Martínez, Lara Pereira e Anabel Filgueira, advertiron con levar a cabo mobilizacións de protesta en caso da mantéñase esta situación.
Relacionadas:
-
A Xunta habilita un teléfono gratuíto para resolver dúbidas do sector turístico sobre seguridade sanitaria
Por Redacción |
-
Os socialistas esixen á Xunta un fondo de 300 millóns de euros para os concellos
Por Redacción |
-
O PSOE quere coñecer o protocolo desta área sanitaria ante un rebrote da Covid-19
Por Oskar Viéitez |