Dan tres días de prazo para que o Concello de Ponte Caldelas retire os arcos desinfectantes instalados en dúas estradas da Xunta
Por Redacción
Os arcos innovadores que o Concello de Ponte Caldelas instalara en dúas estradas autonómicas están a piques de desaparecer. O servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas en Pontevedra trasladou este venres un requirimento ao Concello caldelán para avisar o goberno local de que conta con tres días para retirar os dous arcos establecidos na PO-255 e a PO-532.
A causa que expoñen desde o organismo da Xunta de Galicia baséase en que supoñen un grave risco para a seguridade viaria. Segundo a administración autonómica, estes elementos foran instalados sen a autorización pertinente e desde a Axencia Galega de Infraestruturas solicitouse o 15 de maio documentación ao Concello para analizar esta proposta.
As oficinas deste servizo da Xunta recibían a información o 23 de maio e os técnicos chegaron á conclusión de que non se lles facilita toda a documentación solicitada: memoria explicativa, planos e a formulación do produto desinfectante que se utilizaba.
Segundo o informe da Axencia, ao analizar as estruturas comprobaron que os arcos se atopan apoiados directamente na calzada, incumprindo a Lei de Estradas de Galicia. Os tirantes metálicos de 5 milímetros cada un fixados ao bordo da beirarrúa supoñen, segundo os técnicos, un grave risco para a seguridade viaria, tanto para vehículos como para peóns.
Ademais sinalan que o uso destes arcos supón que un tramo da calzada quedará permanentemente húmido polo líquido que se emite, reducindo a adherencia dos pneumáticos e poñendo en risco, sobre todo, aos vehículos de dúas rodas temendo que puidesen impactar contra os elementos metálicos, que carecen de protección.
A Xunta informa o goberno local de que se incumpren varios artigos da Lei de Estradas de Galicia comezando pola solicitude dunha autorización previa para actuar nunha zona de dominio público e a obrigatoriedade de manter a seguridade viaria. Por último, lembran ao goberno que lidera Andrés Díaz que a competencia para autorizar e executar obras nestas estradas é da Xunta de Galicia, titular destes viais.
Andrés Díaz, alcalde: "Ponte Caldelas responsabilizará á Xunta de Galicia de todos os casos coronavirus no concello por impedirlle protexer aos seus veciños"
RESPOSTA DE PONTE CALDELAS
"Ponte Caldelas responsabilizará á Xunta de Galicia de todos os casos coronavirus no concello por impedirlle protexer aos seus veciños", así de contundente móstrase o equipo de goberno local #ante a decisión de ordenar laretirada destes arcos.
Os responsables municipais entenden que detrás desta decisión da Xunta atópase o Partido Popular de Ponte Caldelas, ao considerar que desde o primeiro momento tentaron entorpecer e criticar todas as medidas postas en marcha polo Concello, chegando a cualificalas de "ocorrencias".
Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas, acusa á Xunta de Galicia de dedicarse a "entorpecer o duro traballo que se fai nos pequenos municipios polo ben da saúde dos veciños".
Asegura que desde o punto de vista da seguridade viaria non existe problema algún xa que se atopan perfectamente sinalizados, indicando a redución da velocidade de 30 a 10 km/ h. Indica que se instalaron aproveitado os cebreados das rotondas e, segundo apunta, durante as dúas semanas que levan funcionando non se rexistro nin un só incidente.
O alcalde de Ponte Caldelas finaliza lamentando que #ante unha pandemia mundial o goberno da Xunta antepoña a campaña electoral á saúde dos veciños de Ponte Caldelas e de toda a comarca. "Imaxino que non terán a cara de vir pedir os votos ao rural", sinala Díaz
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas instala en Chan da Barcia un dos arcos desinfectantes retirados
Por Redacción |
-
Segundo arco desinfectante para vehículos en Ponte Caldelas, malia o aviso da Xunta de que carecen de autorización
Por Redacción |
-
A Xunta advirte a Ponte Caldelas que os arcos desinfectantes requiren un permiso que non solicitou
Por Redacción |
-
Instalan arcos para desinfectar os vehículos antes de entrar no centro de Ponte Caldelas
Por Redacción |