Recibe a alta o único paciente hospitalizado por Covid-19 na área sanitaria, con 36 casos activos
Por Diego Espiño
Unha semana despois do seu ingreso e tras pasar mesmo varios días pola Unidade Coidados Intensivos (UCI), a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés pode presumir de novo de non contar con ningún caso activo de coronavirus que requira atención hospitalaria.
Segundo os datos oficiais ofrecidos este xoves 28 de maio pola Consellería de Sanidade, tras a alta do paciente que permanecía ingresado en planta en Montecelo, o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, incluíndo os centros do Salnés e o privado QuirónSalud Miguel Domínguez, non conta con ingresos positivos activos de Covid-19.
Así mesmo os casos activos reducíronse en dous nas últimas horas ata os 36, todos eles evolucionando nos seus respectivos domicilios.
Desde o inicio da pandemia curáronse na área sanitaria 842 pacientes de coronavirus, 13 máis que o mércores, mentres que a cifra de falecementos asociados ao Covid mantense estable nos 16.
A nivel autonómico, segundo a última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 799, polos 823 do mércores. Deles 187 son da área da Coruña, 51 da de Lugo, 94 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 268 da de Vigo, 142 da de Santiago, e 21 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 37 están en unidades de hospitalización e 757 no domicilio. Polo de agora, na comunidade hai un total de 9.849 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 138.993 e a cantidade de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais supoñen o 0,2% do total das persoas residentes. En toda Galicia contabilízanse 68 usuarios e 48 profesionais contaxiados en centros residenciais e producíronse 132 falecementos en residencias e 140 en hospitais e residencias integradas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Neste número pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns respecto diso e tamén consultar sintomatoloxía leve.
Sinalar, ademais, que o Sergas ten ao dispor da cidadanía unha páxina web, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
Volta ao traballo na unidade de Reanimación do Hospital Montecelo tras rematar as obras
Por Oskar Viéitez |
-
Sen cambios no balance diario do Covid-19 en Pontevedra e O Salnés, con 28 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Sen hospitalizados na área de Pontevedra, 29 casos activos por coronavirus evolucionan nos seus domicilios
Por Oskar Viéitez |
-
Quirónsalud Miguel Domínguez e o Instituto de Neurorrehabilitación, certificados co Protocolo Seguro Covid-19
Por Redacción |
-
Baixa ata os 30 o número de casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Un curado menos e dous casos activos de coronavirus máis, balance do día na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Segundo día sen novos casos activos de coronavirus na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Xornada sen novos positivos por coronavirus na área sanitaria, con 36 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Mesmo número de curados que novos positivos por coronavirus que o sábado, con 37 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |