A Deputación lanza dúas novas campañas online para promocionar o turismo nas Rías Baixas
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra e Turismo Rias Baixas poñen en marcha dúas novas accións destinadas a promocionar de forma virtual os principais activos turísticos da provincia. As campañas As Rías Baixas vísitante e Viaxe ao Pasado teñen como obxectivo facilitar información relacionada co patrimonio de Pontevedra e fomentar as visitas aos seus atractivos principais.
A primeira das accións consiste na organización de visitas guiadas vrtuales a algúns monumetos ou recunchos naturais singulares. Unha informadora turística da institución provincial fará chegar ao público a historia de cada recurso a través de breves e interesantes vídeos que se difundirán a través das redes sociais das dúas institucións organizadoras.
Estas visitas guiadas programaranse os mércores e venres ás 10.00 horas a partir do 27 de maio nas redes sociais corporativas. Os vídeos estarán posteriormente accesibles desde a canle de Youtube de Turismo Rías Baixas. O antigo santuario do Monte do Facho en Cangas, o bosque de Colón en Poio ou a Mámoa do Rei de Vilaboa son só algúns dos lugares que o público poderá percorrer de forma virtual.
A segunda da campaña tratará de poñer en valor o valioso material histórico que custodia o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico do Arquivo Provincial. A intención é ilustrar monumentos, vilas termais ou espazos de interese cultural das Rías Baixas por medio de vídeos, postais, fotografías ou publicacións históricas que se conservan en bo estado.
A partir do 1 de xuño a Deputación convidará o público a redescubrir a historia desta terra e os segredos dalgúns dos seus recunchos máis singulares a través das redes sociais e da web de Turismo Rías Baixas. A acción servirá para achegar á cidadanía da provincia o potencial turístico do pasado e do presente das vilas mariñeiras, a transformación de barrios pesqueiros ou a orixe do termalismo.
Relacionadas:
-
A Deputación lanza a campaña de promoción turística "Ven" poñendo o foco na seguridade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Deputación impulsa un Plan de Reactivación do destino Rías Baixas dotado con máis de 3,5 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación repartirá entre a hostalería 250.000 salvamanteis con promoción turística
Por Redacción |
-
Os Rías Baixas Fest organizarán microconcertos nos meses de setembro e outubro
Por Oskar Viéitez |
-
"Garantía sanitaria, flexibilidade na oferta e confianza", factores crave para reactivar o turismo nas Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación lanza unha campaña de promoción do comercio local de cada comarca
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta prepara un plan de reactivación do turismo para as Rías Baixas con medidas de seguridade sanitaria
Por Redacción |
-
Turismo Rías Baixas logra a medalla de prata nun certame turístico en New York
Por Redacción |