Ponte Caldelas non poderá celebrar festa, pero si ofrecerá troitas
Por Redacción
Aínda que Ponte Caldelas non poida celebrar este ano a Festa da Troita no seu formato habitual debido ás restricións que conleva o actual estado de alarma pola pandemia da COVID19, aquelas persoas que queiran degustar este produto terán oportunidade de facelo esta próxima fin de semana.
A campaña #DegustaTroita deriva nesta ocasión a dous establecementos de restauración do municipio a posibilidade de comerse unhas troitas fritas en unto con xamón ou con touciño entrefebrado; concretamente nos bares Alameda e Puente, onde se poderán comer en terraza, ou ben adquirilas para levar a casa. Iso si, é requesito reservar as racións nos teléfonos 610 695 861 ou 609 160 772, e no 986750337.
De poderse celebrar, esta edición de 2020 fose a número 54; pero no mes de abril o Concello anunciaba a imposibilidade do seu desenvolvemento. Desde o Concello caldelano sinalan que esta cita festiva "declarada de Interese Turístico volverá com máis impulso o ano que vén".
Relacionadas:
-
Segundo ano sen Festa da Troita de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas cancela a Festa da Troita ata 2021 por "responsabilidade"
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas cancela todos os concursos da Festa da Troita
Por Redacción |
-
Suspendidas a BTTroita, a Concentración Moteira e a Tractorada de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez |