A Policía do Grove certificará o cumprimento das normas nos locais de hostalería
Por Oskar Viéitez
A Policía Local do Grove pon a disposición dos establecementos de restauración un servizo para informar de xeito previo sobre as condicións de ocupación que deben cumprir locais, especialmente no referido ás terrazas.
Dende o Concello do Grove téñense detectados reiterados incumprimentos sobre estes aspectos dende o comezo das desescalada algo que resulta moi preocupante sobre todo para a seguridade dos usuarios e dos propios traballadores dos locais.
Ante esta realidade ofrécese a posibilidade de que os hostaleiros non incurran en incumprimentos das normas solicitando información previa da Policia Local. Para iso tan só teñen que remitir un correo electrónico a policialocal@concellodogrove.es indicando a distribución que se pretende realizar da terraza e local mediante un croquis (pode ser realizado a man de xeito sinxelo). Con esa información a Policia Local desprazarase ao local para comprobar a validez da proposta e, no caso de que non sexa válida, informar ao responsable sobre as posibilidades de axuste á normativa.
Unha vez chegado ao modelo correcto, a Policía facilitará un documento selado que permitirá que o usuario estea informado de se o local está garantindo as medidas de seguridade propostas en canto a ocupación e distancias de seguridade. Este certificado, que estará exposto nos locais, darálle seguridade ao hosteleiro e permitirá que Policía Local poida realizar as revisións con maior rapidez e eficacia.
POSTA A PUNTO DO GROVE
Por outra banda o Plan Integral de Limpeza do Concello do Grove comezou con moito impulso esta mesma semana. Así, os esforzos iniciais estanse concentrando nos accesos á localidade (inda en zonas que non son de titularidade municipal) e na zona rural que estaba especialmente afectada pola crecida da maleza sufrida durante o periodo de coarentena.
Presetouse especial atención á zona de Moreiras, preparando así a inminente reapertura do Museo da Salga, ademáis de fixarse nos camiños que permiten realizar actividades de senderismo, permitidas na Fase 2 da desescalada.
Os traballos centráronse en limpeza, roza e xardiñería e nalgúns espacios como o Monte Central o parque dos Grovits requeríu traballos de mantemento, gozando agora mesmo dun aspecto adecuado para o seu desfrute.