Gran parte de Loureiro Crespo será xa só de entrada á cidade desde o xoves
A partir do xoves, se se cumpren as previsións do Concello, gran parte da rúa Loureiro Crespo adoptará xa o único sentido de circulación que terá tras a obra de reforma urbana.
Só se poderá circular en sentido de entrada, é dicir en dirección ao centro da cidade, entre Ernesto Caballero e Antón Fraguas, segundo anunciou o goberno municipal. Para saír de Pontevedra os condutores terán que ir pola Rúa da Estrada.
O Concello sinala que o tráfico de todas as rúas perpendiculares entre Loureiro Crespo e a Rúa da Estrada manterá o seu sentido actual, excepto en momentos puntuais polas obras.
"Non imos a tocar o trafico máis que en Loureiro Crespo", sinalou o edil de Obras, Demetrio Gómez. Isto é así porque, segundo o goberno municipal, coa reordenación prevista quedarán basicamente para paso de residentes e terán un tráfico "reducido".
O concelleiro, tamén responsable da área de Mobilidade, destacou que estas obras de Loureiro Crespo "van rápido" e avanzan a "moi bo ritmo". Os traballos comezaron na zona máis próxima ao Hospital Provincial onde xa se repuxeron todos os servizos soterrados.
Está previsto que, a partir de mañá mércores, se poida xa pavimentar o tramo entre Antón Fraguas e Casimiro Gómez, que xa quedaría aberto ao tráfico co novo sentido.
Unha segunda "fronte de obra" abriuse este martes entre Ernesto Caballero e a rotonda do 12 de Novembro, segundo avanzou o concelleiro nacionalista, o que xa obrigou a cortar o tráfico de saída cara a Avenida de Lugo.
Ademais, tamén desde o xoves comezarán os traballos de reposición de servizos entre Casimiro Gómez e 12 de Novembro, o que limitará o tráfico neste tramo a un único carril que, do mesmo xeito que o resto da rúa, será en dirección ao centro da cidade.
Haberá desvíos do tráfico que proceda de Casimiro Gómez cara Gerardo Álvarez Limeses e a circulación que veña do 12 de Novembro será desviada cara Casimiro Gómez.
Mentres non avance a obra, o tramo entre Ernesto Caballero e a rotonda da avenida de Lugo manterase de dobre dirección, para permitir o acceso de residentes e servizos.
Relacionadas:
-
Malestar entre os residentes da rúa Historia polo "perigoso" desvío do tráfico por esta rúa "peonil e estreita"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Loureiro Crespo, entre o Provincial e a pasarela, estará rematada en dous meses
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Cortes de tráfico a partir do luns 31 para completar o primeiro tramo da reforma de Loureiro Crespo
Por Redacción |
-
Este luns péchase a circulación de entrada á cidade entre as rúas Forcarei e Amor Ruibal polas obras en Loureiro Crespo
Por Redacción |
-
Restricións por obras a partir do xoves en Xoán Carlos I, Ricardo Portela e Loureiro Crespo
Por Redacción |
-
O edificio municipal da rúa Ferreiros, coas áreas de Urbanismo e Tesorería, abrirá ao público o 8 de xuño
Por Redacción |
-
31 de xullo, data límite para acabar as obras da ponte do Burgo
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Comezan as obras nun novo tramo de Loureiro Crespo
Por Redacción |
-
Pechan ao tráfico de Loureiro Crespo entre Casimiro Gómez e Gonzalo Gallas para abordar as obras de reforma
Por Redacción |
-
Trasládase a parada de taxis para iniciar as obras de Loureiro Crespo
Por Redacción |