31 de xullo, data límite para acabar as obras da ponte do Burgo
A pandemia do coronavirus, como en gran parte dos aspectos da vida pública, modificou o calendario previsto de obras en Pontevedra. Unha das actuacións que máis tempo leva en execución, a ponte do Burgo, fixou un novo horizonte.
O Concello de Pontevedra asegurou que a data límite para que terminen os traballos de remodelación da ponte é o 31 de xullo.
A obra civil, segundo explicou o edil de Obras, Demetrio Gómez, xa está terminada.
Os traballos pendentes son os relativos á nova iluminación da ponte. Antes desa data, sinalou o concelleiro, "ten que estar todo perfectamente listo".
Tras as probas realizadas sobre a ponte, a empresa Setga está actualmente "traballando na casa", segundo Demetrio Gómez. É dicir, fabricando todas as luminarias e puntos de luz que se colocarán sobre a estrutura da ponte.
Esta é unha das obras que, por valor duns 40 millóns de euros, están a executarse actualmente en Pontevedra. Ata un 85% dese investimento, 34,5 millóns, está a realizarse no rural, principalmente en traballos de accesibilidade, abastecemento e saneamento.
"É un impulso moi importante para a economía local", sinalou o responsable de Obras no goberno municipal, que destacou que todas as empresas que están a executar estes traballos son pontevedresas ou galegas.
Relacionadas:
-
"Finais de xullo", data definitiva para concluír a reforma da ponte do Burgo
Por Redacción |
-
O edificio municipal da rúa Ferreiros, coas áreas de Urbanismo e Tesorería, abrirá ao público o 8 de xuño
Por Redacción |
-
Gran parte de Loureiro Crespo será xa só de entrada á cidade desde o xoves
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra paraliza polo coronavirus todas as obras públicas non urxentes
Por Oskar Viéitez |
-
A iluminación das pontes de Pontevedra levará a sinatura de Setga
Por Alejandro Espiño |
-
Comezan os cambios de tráfico no Burgo
Por Redacción |