O Concello convoca o posto para a xefatura da Policía Local
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde vén de anunciar que nos vindeiros días se publicitará a convocatoria para cubrir de xeito estable a xefatura da Policía Local.
A concelleira lembrou que o actual xefe, Ángel Ruibal, leva desempeñando o posto de forma accidental desde o pasado mes de xaneiro, cubrindo a vacante que deixara Daniel Macenlle cando pasara a ocupar a Dirección Xeral de Protección Cidadá.
Tamén explicou que, aínda que xa estaba previsto convocar o posto de xeito estable, a suspensión de prazos e procedementos derivados do estado de alarma e a situación provocada pola propia pandemia, non o facía acaído ata o de agora.
A previsión é que a convocatoria se publicite nos taboleiros do Concello xa que, dadas as características deste posto na RPT, está circunscrito a funcionarios do corpo da Policía Local de Pontevedra que teñan a categoría de inspector principal. Por último, Eva Vilaverde tamén informou de que o actual xefe limitou a súa permanencia na xefatura ao remate do estado de alarma.
Relacionadas:
-
Nomean a José Manuel Duarte como novo xefe da Policía Local de Pontevedra
Por Redacción |
-
Convocan polo trámite de urxencia o proceso selectivo para 119 auxiliares de policía local
Por Redacción |
-
Sancionan un mozo por estar con amigos, non levar máscara e rirse da Policía Local
Por Alejandro Espiño |
-
Ángel Ruibal asume as rendas da Policía Local de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Macenlle, Gómez Viñas e González Abal, novos directores xerais do Concello de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |