Sanidade responde ao alcalde de Poio ante a polémica polos cambios de consultorio
Por Redacción
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés responde a Luciano Sobral, alcalde de Poio, ante a polémica suscitada polo reforzo do seu Servizo de Atención Primaria cun equipo completo de médico-enfermeiro.
O rexedor enviou un escrito á Concellería de Sanidade para que Jesús Vázquez Almuíña, responsable deste departamento, explicara as razóns polas que realizou cambios na atención do consultorio médico desde hai unhas semanas, "provocando complicacións na asistencia dos pacientes".
"Calquera outra localidade celebraría estas incorporacións", indica o SERGAS, que subliña que mentres o Consistorio non resolva as cuestións urbanísticas para permitir a ampliación de Anafáns, aqueles usuarios que o desexen poden cambiar de cupo médico a Combarro, Raxó ou a San Salvador (Anafáns).
Así mesmo, lembran que polos actuais problemas de espazo ante a incorporación deste novo equipo completo de médico-enfermeiro, a Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés planificou que ditos profesionais presten asistencia dúas mañás en Combarro e tres tardes en Anafáns.
Finalmente, o SERGAS insiste en que os pacientes de San Salvador "en ningún caso deben trasladarse a Combarro para dispoñer de Atención Primaria podendo recibila en Anafáns".
Relacionadas:
-
Poio instalará unha carpa no exterior de Anafáns para a campaña de vacinación da gripe
Por Redacción |
-
O Concello de Poio asume a reparación de deficiencias en Anafáns pola inacción de Sanidade
Por Redacción |
-
O Concello reclama de novo medidas urxentes na dotación de recursos sanitarios para Poio
Por Redacción |
-
A recollida de residuos voluminosos aumentou en Poio durante o confinamento
Por Redacción |
-
Reclaman a Sanidade explicacións sobre os cambios de consultorio médico en Poio
Por Redacción |
-
BNG e Sergas discrepan sobre a calidade do servizo de Atención Primaria en Poio
Por Redacción |
-
Poio pregunta ao Sergas polo cambio de consultorio médico que afecta aos centros de Anafáns e Combarro
Por Redacción |