Só os vehículos autorizados poderán circular polo paseo da praia de Raxó
Por Redacción
O goberno local de Poio decidiu establecer medidas para garantir a distancia de seguridade entre os viandantes que nas próximas semanas percorran Raxó.
Por este motivo prohibirase a circulación no tramo próximo á praia de Raxó para aqueles vehículos que accedan desde a estrada PO-308, que transcorre entre Pontevedra e Sanxenxo. Estes vehículos serán desviados ao aparcamento disuasorio que se atopa no núcleo desta parroquia.
Á contorna do peirao de Raxó só poderán acceder vehículos autorizados, de servizos e de residentes. Para adoptar esta medida, desde o goberno de Poio informouse ao de Sanxenxo, porque parte desta zona pertence á parroquia de Dorrón, pertencente ao municipio veciño. Trátase dunha medida que se produce, segundo apunta a Policía Local, durante os veráns para facilitar o tránsito dos peóns e a instalación de terrazas fronte á praia.
Desde o Concello lembran que se aprobou tamén unha normativa excepcional para a instalación das terrazas ata que poidan cubrir o 50% da súa cabida.
Marga Caldas, concelleira de Seguridade Cidadá, afirma que é necesario pechar a rúa ao tráfico rodado masivo para que haxa espazo suficiente para peóns, terrazas e vehículos autorizados mantendo a distancia social.
Relacionadas:
-
Poio solicita fondos europeos para unha reforma integral da zona de praias de Raxó
Por Redacción |
-
Remolcan unha furgoneta que caeu á praia de Raxó
Por Redacción |
-
Os accesos peonís en Combarro regúlanse para evitar aglomeracións
Por Redacción |
-
Aprobada a ampliación do espazo para terrazas en Poio
Por Redacción |
-
Poio informa o sector hostaleiro da nova normativa temporal
Por Oskar Viéitez |