Reclaman a Sanidade explicacións sobre os cambios de consultorio médico en Poio
Por Redacción
Luciano Sobral, alcalde de Poio, enviou un escrito á Consellería de Sanidade para que Jesús Vázquez Almuíña, responsable deste departamento, explique as razóns polas que realizou cambios na atención do consultorio médico desde hai unhas semanas.
O rexedor indica que estas modificacións provocan complicacións na asistencia dos pacientes. Explica que a Xunta de Galicia remitiu unha notificación informando de cambios provocando que residentes en San Salvador, que recibían servizo no Centro de Saúde de Anafáns, teñan que desprazarse ata o centro sanitario de Combarro, e esa mesma situación prodúcese á inversa.
Sobral lembra que neste momento, en pleno estado de alarma, é necesario que se ofrezan as máximas garantías sanitarias á cidadanía e reclama unha explicación en relación a estes cambios que provocan que moitos veciños que carecen de medios para desprazarse non poidan acudir ás consultas. "Parécenos preocupante", afirma o alcalde de Poio.
Ante as queixas veciñais, desde o Concello alértase de que se están buscando fórmulas para asesorar ás persoas afectadas para que poidan presentar alegacións.
Desde o goberno local insisten en lembrarlle á Xunta de Galicia que é necesario que Poio conte cun novo centro de saúde, sen que se pechen os de Combarro e Raxó, ao entender que garanten a proximidade de acceso aos residentes nestas zonas.
Relacionadas:
-
O Sergas sostén que o Consultorio de Raxó garantirá a atención asistencial con persoal de servizos xerais e de enfermería
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello reclama de novo medidas urxentes na dotación de recursos sanitarios para Poio
Por Redacción |
-
O Sergas estudará a creación dun centro de Atención Primaria en Meis se o Concello ofrece terreos
Por Redacción |
-
O Concello ampliará a superficie de estacionamento en Combarro e creará prazas para residentes
Por Redacción |
-
Sanidade responde ao alcalde de Poio ante a polémica polos cambios de consultorio
Por Redacción |
-
BNG e Sergas discrepan sobre a calidade do servizo de Atención Primaria en Poio
Por Redacción |
-
Poio pregunta ao Sergas polo cambio de consultorio médico que afecta aos centros de Anafáns e Combarro
Por Redacción |