Os bachareis pontevedreses do 63 celebran as súas vodas de ouro
Por Redacción
No ano 1963 comezaron os seus estudos no que entón era o instituto masculino de Pontevedra. Medio século despois volverán estar en grupo, xa non nas aulas, pero si nunha comida de confraternidade. Os bachareis do 63 celebran as súas vodas de ouro.
Boa parte da promoción que comezou a estudar aquel ano e rematou en 1969 no instituto Sánchez Cantón reunirase o venres 9 de agosto ás 14.00 horas en torno a unha mesa de Casa Digna, na avenida das Corbaceiras.
A celebración fíxose coincidir coa véspera das festas da Peregrina e están invitados todos os alumnos agregados durante os cursos sucesivos. Ata o momento, hai máis de medio centenar de persoas confirmadas. Quen queira asistir, pode telefonear ao número 654703810.
Será a primeira reunión da promoción dende 1988, cando, o 29 de outubro, celebraron os seus 25 anos cunha comida á que asistiron tamén os seus profesores. Filgueira Valverde, Corrochano, Moncha Marescot, Paz Lamelas, Castillo ou o cura Don Joaquín asistiron a aquela celebración (retratada na foto).