Tráfico corta a estrada en Cerdedo para que aterre un helicóptero e atenda a un paciente cun infarto
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Unha patrulla do destacamento de Tráfico da Garda Civil realizou este luns unha rechamante actuación para contribuír á asistencia sanitaria dun condutor que sufriu un infarto mentres circulaba nun vehículo en Cerdedo, no termo municipal de Cerdedo-Cotobade.
Segundo informou a Garda Civil, os axentes do destacamento de Lalín cortaron a estrada N-541 en ambos os sentidos para facilitar a aterraxe do helicóptero do 061 para atender ao enfermo, un home de 58 anos.
Segundo a información facilitada pola Garda Civil, o enfermo foi traslado nunha ambulancia desde o centro médico ata o lugar no que aterrou o helicóptero e, desde alí, por vía aérea ao Hospital Montecelo.
O corte da estrada realizouse ás 17.30 horas deste luns á altura do quilómetro 64,2 a N-541 en Cerdedo.