Tablets para alumnos dos programas de formación do Secretariado Xitano
Por Redacción
Alumnos que participan nos programas de educación que ofrece a Fundación Secretariado Xitano en colaboración coa Concellería de Benestar Social de Pontevedra recibiron este luns unhas tablets en préstamo para que poidan continuar agora coa formación que estaban a recibir de forma telemática.
O material foi facilitado pola Fundación Orange e os beneficiarios son cinco fogares e un total de once menores que poderán dispoñer así destes dispositivos, así como da conexión a internet para continuar co desenvolvemento do curso escolar. Xunto a estes, outros once alumnos dos programas de educación recibían un computador e dez tablets, doadas pola Fundación Telefónica, a Fundación A Caixa, United Way e Altrim.
Estas achegas, cuxo repartición se realizou contando coa Redeaxuda, tratan de pormenorizar a fenda dixital existente entre algúns colectivos sociais e que dificultaban a continuidade das súas aprendizaxes.
Relacionadas:
-
O Grove adquire ordenadores portátiles para ceder a estudantes de familias sen recursos
Por Oskar Viéitez |
-
A Xunta reparte máis de 3.000 ordenadores escolares nas comarcas de Pontevedra, Caldas e O Salnés
Por Redacción |
-
O Rotary Club repite doazón de 20 tablets para enfermos illados de Montecelo
Por Redacción |